As Quendas - Mondoñedo 2014

sábado, 19 de abril de 2014



Celébraranse os dias 30 de abril, 1, 2, e 3 de maio en Mondoñedo
A CANTANTE PAULA ROJO E O PREGÓN DE FRAN BOUSO PROTAGONISTAS DAS QUENDAS 2014

-Tamen habera a tradicional Festa da empanada, Feira Anual e exhibición de hipica

- O concerto de Paula Rojo celebrase no Auditorio o dia 3 maio, e as entradas que teran un importe de 10 euros, seran rerservadas mediante un telefono que a organización facilitara no seu momento

-O pregoeiro mindoniense Fran Bouso destaca por ser un autentico dinamizador da vida cultural de Mondoñedo

- A Comisión Organizadora das festas anuncia que esta traballando en novos proxectos que se iran anunciando en vindeiras datas

Mondoñedo (Lugo), 3 de abril de 2014. A tradicional feira  das Quendas de Mondoñedo, celebraranse os dias 30 de abril e 1, 2 e 3 de maio e contara con dous grandes protagonistas por un lado o mindoniense Fran Bouso sera o pregoeiro desta nova edición das festas mindonienses, e por outro a actuación da televisiva cantautora asturiana Paula Rojo. Ademais a Comisión das Quendas anuncia que esta traballando en novos proxectos que se iran anunciando en vindeiras datas.

A comisión organizadora das Festas das Quendas quere subliñar de Fran Bouso “o compromiso fiel e desinteresado que sempre amosa por Mondoñedo. Para nosoutros é un autentico orgullo que este ano sexa o preogueiro porque o seu traballo a prol de Mondoñedo e dos mindonienses é un autentico exemplo para todos nos”, explicou Miguel Souto Presidente da Comisión Organizadora.

O mercores dia 30 de abril comeza as festas co pregón de Fran Bouso e a Orquesta Satélites.          O xoves 1 de maio celebrarase a feira anual no Campo dos Paxariños, festa da empanada na Alameda dos Remedios, e o ritmo musical correra a cargo da Orquesta Trebol. O viernes 2 de maio actua a orquesta Principal

Para rematar as Festas das Quendas 2014 o sábado dia 3 de maio haberá exhibición de hipica (concurso de salto) que se celebrará no recinto da Granxa, actuación na Alameda dos Remedios da Orquesta Los Players, e o concerto estelar no Auditorio de Mondoñedo da cantante de Paula Rojo.



Fran Bouso un pregoeiro dinamizador da vida cultural de Mondoñedo

Fran Bouso. Mondoñedo (1976). Mestre; colaborador de diversos medios de comunicación; dinamizador cultural, foi técnico de Cultura, Prensa e Protocolo do Exmo. Concello de Mondoñedo; antigo directivo da Asociación Cultural “Leiras Pulpeiro” e secretario da A. C. “Monfadal”; clarinetista na Banda de Música “Pascual Veiga” de Mondoñedo e colaborador da Orquestra de Cámara de Xove. Formou parte do Orfeón da Sociedade de Obreiros e do Coro Municipal de Monforte de Lemos. Membro do comité executivo de Feiramostra "As San Lucas". Coordinador do Grupo Literario Leiras Pulpeiro.Actualmente traballa no C.E.I.P. de San Clodio (Ribas de Sil).

Actuación da televisiva Paula Rojo nas Quendas


A cantante asturiana Paula Rojo (Oviedo, 1990), presentara nas Quendas o seu album debut "Érase un sueño" . A cantautora asturiana de country e pop acadou popularidade trala sua participación na primera edición do programa de televisión musical La voz (España), emitido por Telecinco. Rojo colaborou con músicos como Ramón Arroyo (Los Secretos), Juan Carlos Fuguet, Raúl Márquezo do grupo "The Wild Horses”. O concerto celebrase  no Auditorio de Mondoñedo, o dia 3 maio, e as entradas que teran un importe de 10 euros, seran rerservadas mediante un telefono que a organización facilitara no seu momento.